Animan aos comerciantes arousáns a vender os seus produtos a través de comerciogalicia.es

xoves, 26 de abril do 2012 Redacción

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, asegura que comerciogalego.es é unha oportunidades para o noso comercio de proximidadeA directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou esta tarde Vilagarcía na presentación para os comerciantes da zona do portal de comercio electrónico comerciogalicia.es. Trátase dunha plataforma posta en marcha en colaboración pola Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio que permite que os establecementos de proximidade galegos combinen a súa actividade tradicional coa venda a través da Internet.
Na súa intervención, a directora xeral de Comercio recordou que “o impulso á modernización e dinamización do pequeno comercio é un dos eixos estratéxicos da actuación de Consellería de Economía e Industria” e lembrou que o departamento que dirixe Javier Guerra “ten en marcha un plan integral onde se plasma a estratexia comercial da Xunta: o Plan Ágora- Agora Re-comercia”.
Nava Castro animou aos comerciantes que acudiron á reunión celebrada na sede do centro comercial aberto Zona Aberta a sumarse a esta iniciativa, porque, indicou, “por unha banda posibilitará que se abran a novos mercados, e ao mesmo tempo permitiralles aumentar os servizos que ofrecen á clientela que xa confía neles no día a día”.
O novo portal electrónico que hoxe se presentou en Vilagarcía serve de escaparate conxunto do sector para a venda a través de internet, e ofrece servizos de envío e de pagos unificados, así como vantaxes como a venda por lotes. Ademais, os clientes poden mercar en distintas tendas cunha soa transacción económica.

PUBLICIDADE