Amazon estrea aplicación para o iPad

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

Para facilitar o uso da tenda en liña Amazon dende o iPad o negocio de Jeff Bezos vén de renovar a súa aplicación Amazon Mobile para iPhone e iPod Touch de xeito que engádelle soporte para a pantalla do novo tablet de Apple, de xeito que a exploración do catálogo de produtos de Amazon pode facerse de xeito moi doado grazas a esta nova versión da súa aplicación de balde para terminais de Apple, na que podemos acceder ás listaxes de produtos máis vendidos, ás ofertas do día, información de cada produto e recomendacións e críticas doutros usuarios.
As vantaxes dunha versión móbil de Amazon son evidentes, pois facilita a compra de produtos durante tempos mortos, comparar prezos de produtos en tendas físicas cos dispoñibles a través da Internet, aproveitar as viaxes en medios de transporte público para ler comentarios de usuarios sobre produtos, poder mercar agasallos mentres imos de viaxe… e no caso do iPad, incluso podemos ver trailers de películas e escoitar fragmentos de temas musicais, elementos que mudan o xeito no que moitos usuarios vén as tendas en liña grazas á modalidade e os novos dispositivos que facilitan o seu acceso.

PUBLICIDADE