Allariz acollerá as I Xornadas de Participación Cidadá a través das TIC
xoves, 6 de novembro do 2008
O Concello de Allariz
organiza as I
Xornadas de Participación Cidadá a través das TIC que terán lugar no
salón de actos do Fogar dos Maiores entre os dÃas 20 e 22 do presente mes. Esta
iniciativa contará con relatorios prácticos, experiencias demostradas e
novidades tecnolóxicas que buscan converterse nun escaparate práctico de
propostas e ideas de cara a crear
un modelo que sirva de exemplo para concellos de poboacións rurais dispersas,
asà como presentar de maneira práctica ferramentas e aplicacións que permitan
crear contidos para chegar de maneira rápida e sinxela en calquera comunidade.
As Xornadas son de carácter gratuÃto e a súa inscrición está aberta para
técnicos e responsables da administración local das áreas de Novas TecnoloxÃas
e/ou Participación Cidadá, persoal das comunidades educativas, responsables de
asociacións e colectivos de calquera Ãndole interesados en aplicar as TIC no
seu contorno, profesionais e persoas interesas nestas áreas.