Alan Wake terá remasterización en 4K
martes, 7 de setembro do 2021
Hai
algo máis dunha década os xogos de Alan Wake convertéronse nun dos
sinais de identidade da Xbox 360, e aÃnda que máis adiante chegaron a PC,
estabamos ante un traballo de Remedy Entertainment ligado estreitamente con
Microsoft, pero agora están a mudar as tornas e os creadores do xogo anuncian
que Epic Games encargarase de publicar Alan Wake Remastered,
unha remasterización deste xogo que, aparte de ordenadores e consolas Xbox
chegará tamén a PS4 e PS5.
Dende Remedy aseguran que a nova versión de Alan Wake respectará a
experiencia de xogo orixinal, aÃnda que si mellorarán os modelos gráficos e as
cinemáticas, á vez que tamén incluirán modificacións para aproveitar as
caracterÃsticas das consolas de nova xeración, o que promete que será un bo
xeito de recuperar esta franquÃa dun xeito digno, achegándoa a usuarios de
consolas da xeración anterior e da actual.
Nos vindeiros meses darán máis detalles deste lanzamento que polo momento
parece limitado ao xogo orixinal coas súas dúas expansións, deixando a un lado
a secuela Alan Wake’s American Nightmare.