Airis inclúe un concerto de Héroes del Silencio no seu novo reprodutor multimedia

xoves, 20 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Airis anunciou o lanzamento do seu reprodutor multimedia MP4 Airis MP102H, que inclúe o álbum completo da xira de 2007 do grupo Héroes del Silencio na súa memoria interna de 2 Gb grazas a un acordo pechado coa discográfica EMI. Tamén inclúe 2 videoclips e fotografías cos mellores momentos da xira.
O reprodutor ten unha pantalla de 1,8 polgadas, unha autonomía de 10 horas reproducindo música e tamén incorpora radio FM e gravadora de voz. Venderase dende o 23 de decembro a 65 euros.

PUBLICIDADE