Agile-Galicia organiza unha xornada de desenvolvemento áxil dun proxecto web

mércores, 11 de maio do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro sábado a sede compostelá da Asociación de Empresas Adicadas a Internet, EGANET, sita na rúa Pombal, 43 baixo, vai acoller de 10:00 a 20:00 horas o evento Agile Aplicado, iniciativa que xurde de Agile-Galicia, comunidade galega de profesionais da informática interesados en metodoloxías áxiles, e nesta ocasión propóñense a desenvolver un proxecto web en 7 horas aplicando metodoloxías áxiles, boas prácticas e compartindo experiencias.
Para poder participar neste evento será preciso ter coñecementos de Java e experiencia en probas de unidade e desenvolvemento para web, inscribirse vía web (a actividade está limitada a 15 prazas), e levar un portátil con Eclipse instalado.

PUBLICIDADE