Age of Empires estrea versión definitiva para Windows 10
martes, 20 de febreiro do 2018
O xogo
que sentou as bases do xénero da estratexia en tempo real, deixando un legado
de dúas décadas de duración, volve na súa forma definitiva para PC, de xeito
que na tenda de Windows 10 podemos mercar
por 19,99 euros o xogo Age of Empires:
Definitive Edition.
Esta edición do xogo ofrece máis de 40 horas de campañas actualizadas, cun ritmo
e unha narración adaptadas aos tempos modernos; permite xogar en liña en batallas
de até 8 xogadores; conta con novos modos competitivos; permite gozar de
gráficos en ultra alta definición con animacións renovadas; e incluso conta cun
creador de escenarios que poderemos compartir.
Esta revisión de Age of Empires
permite gozar das posibilidades do servizo Xbox LIVE, comentar as xogadas
mentres se comparten as partidas en liña en Mixer, gañar logros... en
definitiva, gozar deste tÃtulo coma se de calquera outro xogo moderno se
tratase.
Para poder gozar deste tÃtulo precisamos dun equipo con Windows 10 de 64 bits,
procesador Intel i3/i5/i7 a 1,8 GHz Dual Core ou superior, gráfica Intel HD
4000 ou superior, 4 GB de RAM e entre 17 e 20 GB de almacenamento libre.
- Age of Empires: Definitive Edition recupera o clásico da estratexia en tempo real renovando numerosos detalles para que poida xogarse dignamente en equipos actuais
Tráiler de lanzamento do xogo