Adíase a celebración da segunda edición de The Net Room

luns, 19 de maio do 2014 Marcus Fernández

Para o vindeiro sábado estaba prevista a celebración da segunda edición de The Net Room na casa piloto da empresa galega de casas modulares Cube na praza central do Centro Comercial Marineda City de A Coruña, na que os responsables de Galiprint 3D, a empresa galega de impresoras 3D, e o entusiasta do hardware libre, Xoán Sampaíño, tiñan pensado instruír dun xeito moi próximo aos asistentes sobre a tecnoloxía de impresión 3D, que tanto interese está a captar nos últimos meses. Pero a organización do evento vén de informar do aprazamento desta segunda sesión de The Net Room por causas inevitables e alleas á organización.
As persoas que xa reservaran praza para asistir a este encontro cun aforo limitado (ata un máximo de 40 persoas) recibirán unha notificación por correo electrónico informándoos do adiamento desta actividade, que esperan que poida celebrarse en breve. Dende Código Cero daremos conta da nova data para este encontro en canto sexa posible.

PUBLICIDADE