Adaptan Sugar para funcionar dende unha memoria USB

mércores, 29 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os Sugar Labs fixéronse populares ao desenvolver a interface gráfica presente nos portátiles XO-1 do proxecto OLPC, e agora presentan Sugar on a Stick Beta-1, unha distribución de Linux baseada en Fedora 11 e que funciona coma LiveUSB, de xeito que podemos copiala a una memoria USB cun mínimo de 1 Gb de capacidade para poder facer uso dun Linux preparado para contornos educativos que operaría sen instalación.
A versión definitiva deste produto sairá no terceiro trimestre do ano, e Walter Bender, director executivo dos Sugar Labs, asegura que «Sugar está perfectamente adaptado para cativos na aula, cunha interface simple e rica en cores e unha arquitectura aberta que integra funcións colaborativas». Este as ferramentas de Sugar estarían o procesador de texto colaborativo Write ou InfoSlicer Activity, ferramenta que permitiría aos profesores a recompilación de contidos baseados na web para aproveitalos durante as súas clases.


Probando Sugar on a Stick nun HP Mini Note

PUBLICIDADE