Actualizan o dashboard da Xbox 360 para arranxar certos fallos do son a través de HDMI

martes, 3 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios da Xbox 360 puideron ver hoxe como de conectar á súa consola á Rede aparecía unha advertencia en pantalla que avisaba dunha nova actualización do Dashboard, o que finalmente corrixiría os fallos detectados coa reprodución de audio a través de HDMI, que fallaba nalgúns equipos dende a chegada da Nova Experiencia Xbox.
Dende Microsoft agradecen aos usuarios a súa paciencia, pois este desexado parche chega con moito retraso, aínda que existían trucos que en moitos casos solucionaban a incidencia detectada, de aí que posiblemente esta actualización non fose prioritaria.

PUBLICIDADE