Ábrese a preinscrición para a V edición de Uxianet

martes, 4 de novembro do 2014 Marcus Fernández

A pasada noite abriuse a inscrición para a V edición da Uxianet, a LAN party que xuntará a numerosos seareiros da informática e a tecnoloxía en xeral na Casa Da Xuventude en Ribeira, que terá que asumir o reto de manter a marca fixada pola convocatorio de 2013, na que o número de asistentes chegou ao seu máximo, conseguindo crear un ambiente moi familiar entre os participantes.
Está LAN party conta cunha rede local a 1 Gbps para conseguir que todo funcione á meirande velocidade posible, contándose con conexión á Internet durante as máis de 60 horas nas que transcorrerá o encontro que completarase con relatorios e obradoiros.
A V Uxianet celebrarase entre os días 14 e 16 de novembro, e aparte das actividades nas que instruirán aos interesados sobre a creación de aplicacións para móbiles e/ou ordenadores, a seguridade informática ou o hardware aberto, entre outros temas, tamén acollerá torneos de xogos como League of Legends, Hearthstone, Trackmanía, Call of Duty: Modern Warfare, UltraStar e algúns mini-xogos. Nos vindeiros días irán completando a axenda deste interesante evento para a mocidade galega.

PUBLICIDADE