Ábrese a inscrición a Xuventude Galicia Net 2016

martes, 16 de agosto do 2016 Redacción

Entre os días 9 e 11 de setembro o os pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda volverán a acoller a celebración de Xuventude Galicia Net, encontro para a mocidade galega afeccionada ao lecer electrónico, que esta mañá abriu a súa inscrición a través da plataforma de venda de billetes de Abanca, estando aberto o proceso de compra de entradas até o 5 de setembro ás 12:00 horas e sendo preciso aboar 20 euros para poder gozar dun posto con conexión de alta velocidade á Internet para o equipo informático do usuario e ter dereito a acampar no interior do pavillón no que se sitúa a LAN party.
Polo momento este encontro impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten confirmada a celebración de torneos dos xogos League of Legends,FIFA 16, Counter Strike: Global Offensive e HearthStone, aos que acompañarán moitas actividades paralelas de distinta índole para animar os tres días que dura este encontro que contará cun acceso á Rede de 2 Gbps simétricos para garantir unha boa experiencia de xogo en liña.

PUBLICIDADE