Abre as súas portas a segunda edición da Arousa Party

venres, 1 de xuño do 2007 Raquel Noya

O eixo das “partys” informáticas semella estar a desprazarse cara a Galiza, un ano máis, unha das xuntanzas para internautas máis importantes da nosa Comunidade abre hoxe mesmo as súas portas; é o Arousa Party, unha feira dixital que vai encamiñada a achegar algo máis ca un teito para protexer ós mozos e mozas do mal tempo xa que contará (entre outras cousas) con Redes con 1 xiga mínimo de velocidade, xogos, relatorios, mesas redondas e exposicións.
O auditorio de Vilagarcía acollerá este ano a segunda edición do Arousa Party (organizado pola asociación de internautas das Rías Baixas A.I.R.B.A.G.), que se alongará ata o vindeiro 3 de xuño e aínda que a organización pretende acadar os 500 participantes, o certo é que a capacidade real de visitantes é de máis de 1.500, que os arousáns acollerán con satisfacción.
Os obxectivos desta nova edición do Arousa Party son os mesmos cós do ano pasado, pero anovados e máis centrados en afondar no valor de compartir.
· Que a xente en xeral coñeza Internet e todas as posibilidades que ofrece.
· Que os usuarios dispoñan de información xeral, “considerando que a Rede é a mellor enciclopedia que existe”, sinalan os organizadores.
· Reflexionar sobre os últimos avances na Sociedade do Coñecemento. Os cursos, as conferencias e as charlas xogan un papel fundamental neste apartado de divulgación.

Programa do Arousa Party 2007

  • Venres 1 de Xuño

12:00 h. Apertura de portas.
13:00 h. Configuración dos PC´s (Rede e Internet)
17:30 h. Relatorio sobre o software libre a cargo de Xoán Fernández pertencente Mancomun, Asociación sobre software libre.
18:30 h. Carlos Rodríguez, presidente de Galpón, dará un relatorio sobre “hackers” e “hacking”.
20:00 h. Cea no Mc Donalds.
23:00 h. Comezo dos concursos.

  • Sábado 2 de Xuño.

12:00 h. Concursos.
14:00 h. Comida no McDonalds.
16:30 h. Relatorio a cargo de Bosco López, propietario de Bsoft e experto en servidores, sobre a seguridade nos mesmos.
17:30 h. Participación de Fernando López, experto en protección de datos.
20:00 h. Cea.
23:00 h. Concursos.
01:00 h. Finais dos concursos.

  • Domingo 3 de Xuño.

12:00 h. Entrega de premios.
15:00 h. Clausura do Arousa Party 2007.

PUBLICIDADE