AQuePlaya, a nova aplicación de 4gotas para atopar areais ao noso gusto

mércores, 12 de agosto do 2015 Marcus Fernández

4gotas continúa a estrear aplicacións móbiles (coa colaboración de Ziblec Software), e conscientes da época do ano na que estamos lanzan para iPhone e para Android AQuePlaya, unha nova ferramenta en español e galego que axúdanos a atopar a praia galega máis próxima en función das preferencias do usuario.
AQuePlaya serve para realizar a busca da praia ideal nas proximidades en función dos filtros definidos polo usuario, como o estado do ceo desexado, a temperatura da auga, a intensidade do vento, a dispoñibilidade de ducha, os tipos de acceso... O usuario tamén poderá decidir a distancia á que lle gustaría atopar a praia que se adapte ás súas esixencias.
Esta aplicación estrutura a información diaria de previsión meteorolóxica a tres días (hoxe, mañá e pasado mañá) en intervalos de 3 horas e en 4 franxas horarias. Tamén inclúe información diferenciada para a area (indicando o estado do ceo, a temperatura e a dirección e intensidade do vento) e para o mar (temperatura da auga, preamar, baixamar, ondas e servizos).
AQuePlaya está integrada co navegador do smartphone, de xeito que o usuario poden consultar no mapa o areal que lle interese, coñecendo así as súas coordenadas exactas.
Estamos ante unha aplicación que podemos descargar de balde, aínda que inicialmente só ofrece a previsión meteorolóxica para o día actual, sendo preciso pagar 0,99 euros para desbloquear a posibilidade de consultar a previsión para os dous días seguintes.

PUBLICIDADE