A vindeira edición de Pont-Up Store desenvolverase nun formato hÃbrido
venres, 7 de agosto do 2020
Do 17 ao 19 de setembro Pontevedra volverá ser o referente
do novo emprendemento cun programa que se desenvolverá en formato hÃbrido,
combinando actividades en liña con presentacións ao vivo desde a carpa da Praza
de España e outras localizacións da cidade. En total van participar nesta 7ª
edición 44 startups galegas repartidas do seguinte xeito: 36 empresas con expositor,
10 empresas que desenvolverán actividades demostrativas na carpa, e 8 empresas
que participarán no talent business Pont-Up Exprés.
Desde a organización, amosan grande satisfacción por estes
resultados cuantitativos, asà como polos datos que se desprenden ao analizar a
procedencia dos emprendementos participantes. As novas empresas implantadas no
rural continúan medrando e consolidando unha tendencia de emprendemento; a
provincia de Pontevedra volve confirmarse como a área con máis pulo
emprendedor; aÃnda que, con respecto a edicións anteriores, increméntanse as
solicitudes procedentes do resto de Galicia e tamén os emprendementos radicados fóra de Galicia,
o que confirma unha vez máis ao encontro Pont-Up Store como referencia do
novo emprendemento no noroeste peninsular.
En canto aos ámbitos de emprendemento, o encontro volve
rexistrar unha participación multisectorial con moita diversidade nas
tipoloxÃas participantes e grande presenza de emprendementos innovadores e
creativos, podendo destacar casos como o de Tappear Drinks & Tapas, unha
aplicación móbil con información de interese sobre bares; Weet Energy &
Telecom, a plataforma de dixitalización Xermye a consultorÃa de innovación
I+ADN con interesantes patentes en fase de comercialización. Entre as que teñen
só presenza con actividade destaca Koompany, que gravará un podcast en directo
sobre marketing dixital e impartirá un obradoiro sobre a internacionalización
dixital para emprendedores.
O encontro Pont-Up Store está liderado polo Campus CREA de Pontevedra
(Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador
principal, e é froito da cooperación de case 40 entidades públicas e privadas
que durante estes seis anos foron sumándose como patrocinadores ou
colaboradores ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo
de converter a Pontevedra durante tres dÃas na capital galega das mellores
iniciativas empresariais.