A versión móbil de Google nos EE.UU. amosa resultados deportivos

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Google Mobiles nos amosa os resultados parciais do partido dos Red Sox do pasado martes

Google está a incorporar ao seu buscador moitos resultados que pretenden universalizar as buscas, coma pode ser a carteleira cinematográfica, e agora nos EE.UU. detectaron que na versión móbil do buscador se poden ver os resultados deportivos actualizados.
Deste xeito, ao buscar información sobre un equipo (o caso probado corresponde ao baseball) aparecen antes dos resultados tradicionais os resultados actuais do partido en xogo de tal equipo, o que non é un servizo novo, pero que sorprende que Google non anunciase.
Polo momento parece que os resultados do fútbol americano, o baloncesto, o baseball e o hóckey están dispoñibles, aínda que parece que o mellor de todo é que aparezan na versión móbil de Google, pois aforra así ao usuario o traballo e atopar webs nas que consultar esta información.
Estes contidos non están presentes na versión de escritorio do buscador, pero é de agardar que se vaian incorporando paulatinamente tanto por deportes coma por localizacións xeográficas.

PUBLICIDADE