A carteleira cinematográfica xa se pode consultar dende Google
xoves, 22 de maio do 2008
- Resultados aparecidos ao buscar a «indiana jones» en Google
Google leva tempo
incluÃndo información sobre pelÃculas e cines nos EE.UU., e finalmente tamén
está dispoñible tal funcionalidade en España, de xeito que podemos
facer buscas sobre estreas cinematográficas (probemos por exemplo buscando «indiana jones») para que se nos presente un recadro no que se pregunta
pola nosa localidade para indicarnos os cines nos que se está a exhibir a
última pelÃcula de Harrison Ford.
Este sistema (accesible tamén dende google.es/movies)
permite achegar información incluso sobre os cines galegos, de xeito que
podemos consultar de xeito doado as pelÃculas que se poden ver en, por exemplo,
A Coruña,
Santiago
de Compostela, Vigo
e mesmo LalÃn.
O buscador de pelÃculas tamén serve para localizar crÃticas (en inglés) das
mesmas.
Este servizo serÃa un paso máis na universalización das buscas que persegue
Google, de xeito que procurarán presentar a maior información posible sobre as
nosas pescudas, sen limitarse a páxinas web.
- Google permite consulta a carteleira dos cines máis próximos