Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A santiaguesa Foga acude á feira ViscomSign de comunicación visual

mércores 28 de setembro do 2011, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

A feira de Madrid, na súa edición do ano pasadoA empresa galega Foga, da que falamos recentemente para informar de dúas solucións achegadas pola firma a prol da xestión de documentos, vai presentar a súa estratexia en comunicación visual perante os ollos do mercado estatal e europeo. Farao, máis polo miúdo, na 24 edición de ViscomSign España, feira que se desenvolve no IFEMA de Madrid entre o 6 e o 8 de outubro e que reúne ao máis senlleiro da industria do devandito sector. Foga, especializada no sector dos servizos de reprografía e informática, entre outros eidos, participará na feira de man da firma Konica Minolta.
Audiencia non lle vai faltar: cómpre ter en conta que falamos dun encontro que abrangue unha superficie de 8.000 metros cadrados, máis dun centenar de stands e un bo número de profesionais europeos das artes gráficas e a impresión dixital. A firma compostelá levará a cabo demostracións personalizadas de diversos servizos e aparellos tecnolóxicos ligados á impresión e á reprografía perante os visitantes da feira Viscom, aparellos que en boa medida veñen da man de Konica, como por exemplo a Bizhubb Press C8000, unha máquina que permite unha velocidade de impresión de até 80 páxinas por minuto en A4 e que, en palabras de Foga, asegura o acabado a tempo de calquera tirada de produción.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS