Foga presentou en Santiago as súas novas solucións en xestión de documentos
venres 8 de abril do 2011, por |
A empresa galega Foga
presentou esta semana as súas novas ferramentas tecnolóxico-dixitais destinadas
a mellorar e facilitar o manexo e o control dos datos dentro dunha empresa,
entidade ou institución. A cita cos profesionais e os medios de comunicación
(en total, unhas 50 persoas), que se desenvolveu no Hotel Meliá Araguaney de
Santiago, contou coa presenza do conselleiro delegado de Foga, Manuel Calvo Suárez,
quen fixo un percorrido polas solucións de xestión documental que propón a
firma e que permiten, entre outras cousas, “incrementar
os beneficios, reducir os custes e mellorar o trato cos clientes mediante a
reunión, o ordenamento e o almacenamento de tódolos documentos dunha empresa,
con independencia da súa orixe e formato e con total seguridade”.
As solucións achegadas por Foga, presentadas
baixo o selo DocuWare, permite polo tanto unha xestión integrada da información,
sendo quen de procesar todo tipo de documentos con funcionalidades engadidas
para o manexo e control de rexistros “que
aseguran as máximas condicións de privacidade e salvagarda”, salientou a
compañía.
Asemade, poñen en xogo un arquivador central
que dá acubillo a tódolos documentos en papel e electrónicos. Os servizos
DocuWare, arestora na súa versión 5, empregan funcións de fluxo de traballo, xestión
de contido Web e integración universal para “proporcionar eficaces prestacións de xestión de contido empresarial
(ECM) que facilitan o espallamento no ámbito dunha organización”, informou
Foga.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















