A rede móbil de Vodafone é considerada a mellor de España por 6º ano consecutivo

martes, 24 de novembro do 2020 Redacción

A rede de Vodafone volve ser a mellor do mercado español por sexto ano consecutivo, segundo o informe independente Umlaut Connect Mobile Benchmark España 2020 realizado por Umlaut e a revista Connect. A metodoloxía utilizada combina probas en coche (en movemento) e a pé (en estático) co fin de realizar medicións detalladas de voz e datos en circunstancias controladas Deste xeito obtense unha imaxe precisa da cobertura xeral dos servizos de voz e datos (con especial fincapé en 4G e 5G), as velocidades de descarga reais para os usuarios e a calidade do servizo de banda ancha, ao que contribuíron 267.000 usuarios españois cuns 1.100 millóns de mostras de medición entre mediados de maio e finais de outubro de 2020. Umlaut realizou unha análise exhaustiva desta extensa base de datos aplicando unha metodoloxía de crowdsourcing máis sofisticada que a utilizada en anos anteriores.
Por sexto ano consecutivo, Vodafone é o gañador do Mobile Benchmark en España con 890 puntos obtidos sobre 1.000. O operador destaca nas categorías de voz e crowdsourcing (realizada con mostras enviadas por usuarios) e ofrece a maior cobertura 5G de España. Vodafone obtén os mellores resultados nas probas de coz. O informe destaca o aproveitamento do potencial que brinda VoLTE/ EVS e que proporciona unha excelente calidade de voz aos seus clientes. A rede de Vodafone destaca especialmente nas probas en coche, tanto en cidades como en vilas, onde acada un 91% e 97% de chamadas satisfactorias respectivamente. Nas probas a pé en cidades, este índice alcada o 99%.
A competencia está rifada nos drivetests realizados nas cidades grandes e pequenas, mentres que nos walktests Vodafone mantén a primeira posición. Nos resultados das probas a pé realizadas en Barcelona, Bilbao, Madrid, Málaga, Murcia, Sevilla e Zaragoza, Vodafone mantén unha estreita vantaxe sobre o segundo competidor. Estes resultados son similares na estrada.
Vodafone, primeiro operador en España en despregar unha rede 5G comercial, achegou numerosas mostras da súa rede 5G segundo o estudo, especialmente polos drivetests e walktests realizados en grandes cidades de España con velocidades medias de até 465 Mbps e velocidades pico de até 887,5 Mbps. Os resultados demostran con claridade as vantaxes de velocidade de descarga que xa ofrece a tecnoloxía 5G actual de Vodafone.

PUBLICIDADE