A quinta edición de GaliciaTIC celebrarase o 19 de outubro na Illa da Toxa

martes, 2 de outubro do 2007 Raquel Noya

Baixo o nome Innovar na era dixital, o vindeiro 19 de outubro terá lugar na Illa da Toxa unha nova edición de GaliciaTIC, que este ano celebra xa o seu quinto aniversario. Ó igual ca nas pasadas edicións, o congreso conta este ano co patrocinio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e de 11 empresas galegas que, segundo afirman os responsables do evento, “están a facer posible que un ano máis se celebre unha xornada que sempre foi de utilidade e interese para os asistentes”.
Innovar na era dixital dará comezo ás 9 da mañá no Hotel Louxo da Illa da Toxa e finalizará ás 21 horas, logo de tratar, en varias mesas redondas e un debate, os temas escollidos para a presente edición: Intelixencia competitiva, Converxencia en Redes e Foro dos negocios Transtic.
Os interesados en participar deberán realizar a inscrición vía Internet na páxina web de Transtic e recoller as acreditacións e a documentación antes do comezo da xornada.

Programa
9:00
Recollida de acreditación e documentación
9:30 MESA 1: INTELIXENCIA COMPETITIVA
Moderador: Javier López, director xeral de FEUGA
Proxecto e aplicativos relacionados coa mellora da competitividade empresarial. As TIC como ferramenta estratéxica para a evolución dos servizos sanitarios.
Relator 2. Carlos Suárez, director xerente de EDISA. Paquetización de solucións Business Intelligence no ámbito empresarial.
Relator 3: Natividade Meitin e Manuel Esmorís, ARTEIXO-TELECOM. Sistemas intelixentes en Terra e Mar.
Relator 4: Fernando Vázquez, director xeral de IMATIA S.L.
Desenvolvemento rápido de sistemas de información con Ontimize – Casos de éxito
11:30
PAUSA- CAFÉ
12:00 MESA 2: CONVERXENCIA DE REDES
Moderador: Ramón Lois, secretario xeneral do COETG
As infraestruturas orientadas ó mellor aproveitamento da tecnoloxía de comunicacións no eido de actividades industriais e económicas
Relator 1: Xosé Antonio Zumalave, director técnico Level Telecom. Plataformas de Telefonía IP baseadas en Software Libre.
Relator 2. Ignacio Escobar, xestor de contas de valor engadido, TELE2-COMUNITEL. Solucións de continuidade de negocio: casos prácticos.
Relator 3: Rafael Ave, director técnico, EMETEL. Unha realidade converxente.
Relator 4: Byron Ortiz, TELEVES. Situación actual da HDTV.
14:00
PAUSA- ALMORZO
16:00 FORO DOS NEGOCIOS TRANSTIC. Tema: INNOVAR NA ERA DIXITAL. Presenta: INEO Jorge Cebreiros, presidente. Relatorio: Xosé Luis Sánchez, responsable de proxectos do foro de INFONOMIA
DEBATE. Tema: Novas oportunidades para as empresas TIC de Galicia. Coordinador: Miguel Merino, Universidade de Vigo Relator 1: SAEC DATA Relator 2: VISUAL PUBLINET Relator 3: INFO JC
PAUSA-CAFÉ
18:30 CONFERENCIA PLENARIA TRANSTIC. Novidades tecnolóxicas e oportunidades para o sector TIC. A importancia do partner TIC. Presenta: Norberto Penedo, subdirector de xestión de proxectos do IGAPE, Xosé Antonio Ondiviela, director de gobernos autónomos e locais. Sector Público- MICROSOFT IBERICA. Camino Santa Teresa, Directora Comercial- QlikView España
20:00 CLAUSURA GALICIATIC
Conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia: Xosé Ramón Fernández.
21:00
A NOITE GALEGA DAS TELECOMUNICACIONS
AETG/COETG
GRAN HOTEL HESPERIA-LA TOJA

PUBLICIDADE