A nova Xbox 360 chega a España por 249,95 euros

venres, 16 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Tras o E3 Microsoft renovou a súa consola Xbox 360 nos EE.UU., cun modelo máis cativo, cun disco duro de 250 Gb, conectividade Wi-Fi N integrada e un novo porto que facilita a alimentación do futuro periférico Kinect sen ter que utilizar un adaptador de corrente adicional, o que converteuse nun éxito inmediato e fixo que durante o mes de xuño a Xbox 360 conseguise superar en vendas por 29.200 unidades á Wii de Nintendo, o que confirma que o redeseño da consola foi todo un acerto.
Hoxe mesmo, esta consola chega ao mercado español por un prezo de 249,95 euros, polo que os usuarios que estean interesados en adquirir unha consola de alta definición, verán como Microsoft ofrece un produto tan atractivo como a PlayStation 3 de Sony, que neste novo modelo destaca, entre outras cousas, por reducir considerablemente o seu nivel de ruído.

As características da nova Xbox 360 detalladas graficamente

PUBLICIDADE