AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A moda galega sorprende aos visitantes do SIMM 2010 cun probador interactivo

luns 6 de setembro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

A Consellería de Economía e Industria, lonxe de deixar pasar de largo o carro das TIC que nos últimos meses percorre con tenacidade a nosa xeografía, vén de facer unha aposta firme pola innovación tecnolóxica no sector téxtil, ao acudir ao Salón Internacional da Moda de Madrid (SIMM 2010) coa súa ferramenta máis recente: un probador interactivo que permite compartir as imaxes nas redes sociais.
Galicia acude a este evento como comunidade convidada e no seu stand, no que colabora tamén Cointega, os visitantes poderán comprobar de primeira man que a tecnoloxía galega non ten nada que envexarlle á tecnoloxía que chega doutros países máis avanzados.
Magic Mirror, ou espello interactivo, cunha pantalla dixital de alta resolución e unha cámara que lle mostra aos clientes como quedarían as pezas, sen necesidade de probalas.
Esta ferramenta tamén suxire posibles combinacións e complementos que facilitan o proceso de compra, e incluso permite que as imaxes captadas poidan ser compartidas a través das redes sociais.
Nesta feira internacional, na que participan unhas 30 empresas do téxtil galego, tamén se mostra a calidade dos deseños e a produción da moda galega coa proxección continuada das coleccións de empresas galegas, a través das cinco pantallas do stand institucional.
Esta actividade lévase a cabo, segundo informan dende a entidade pública, “como un xeito de proxectar a calidade desta industria a nivel nacional e internacional, por iso Galicia acude este ano, por primeira vez, como comunidade invitada, de xeito que reforza a súa presencia institucional mediante un stand no que se facilitará información permanente sobre as posibilidades que ofrece o sector”.
A finalidade da plataforma é achegar vantaxes competitivas a través da innovación e a accesibilidade ás tecnoloxías clave para o desenvolvemento do negocio da moda. Aínda que existen varias estratexias de actuación, unha das súas liñas prioritarias diríxese a mellorar a eficiencia da canle de distribución entre marcas e puntos de venda, a través do fomento da introdución das novas tecnoloxías da información e a comunicación, así como a incorporación das mellores prácticas.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS