A festa informática de Lugo comezará o 5 de decembro

martes, 25 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os amantes dos encontros informáticos deberían ir preparándose para participar a vindeira semana na Ludus Party 2008, encontro que terá lugar entre os días 5 e 8 de decembro no recinto feira de Lugo e que nesta 3ª edición busca congregar a 650 asistentes nunha rede interna de 10 Gbps de velocidade cunha saída á Internet de 400 Mbps.
A inscrición está aberta na súa páxina web e o programa do encontro combinará xogos, arte dixital, hardware software libre, lanzamento de CD e DVD, dobraxe de películas, carreira de sacos, concursos de fotografía e vídeo, Livemotion, concurso de disfraces e Air Guitar.

PUBLICIDADE