A feira IBC de Amsterdam contou con forte presenza galega

mércores, 17 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Itelsis contou con expositor propio na presente edición da feira IBC

Entre os días 12 e 16 de setembro celebrouse en Amsterdam a International Broadcasting Convention (IBC), feira de telecomunicacións e audiovisual de grande importancia global na que asistiron máis de 45.000 profesionais de todo o mundo, e na que non faltou a presenza galega, con compañías coma o operador público Retegal, os fabricantes Televés, Egatel e Itelsis, (contando estes dous últimos cun expositor de seu) e os membros do Clúster Audiovisual Galego.
A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia tamén participou no evento representada na figura do director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias, quen visitou os expositores de Egatel e Itelsis, compañías que amosaron en Amsterdam os seus equipos gapfiller que se empregaron no plan piloto de despregue da TDT no concello lugués da Fonsagrada. Estes equipos constitúen unha solución pioneira a nivel mundial e foi desenvolvida integramente en Galicia.

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández, xunto ao representante de Egatel.

PUBLICIDADE