A edición de coleccionista de Batman: Arkham Asylum venderase en Europa
luns, 20 de abril do 2009
O novo xogo de
Batman está a dar moito que falar, pois cada semana os seus responsables están
a adiantar detalles do mesmo, como imaxes de personaxes coma Bane ou Harley Quinn, aÃnda
que o que está a causar máis sensación é o anuncio dunha edición limitada de
coleccionista que afortunadamente poderemos ver en Europa.
Dende Eidos confirman que a edición
especial do xogo que se venderá en Europa a partir de xuño será idéntica á
norteamericana, ou sexa, que incluirá unha copia do xogo (na súa edición de PS3
ou de Xbox 360, non existindo versión para PC), unha reprodución dun batarang de 35,5 centÃmetros, o Diario
do Dr. Young (que serÃa un libro de 50 páxinas a xeito de enciclopedia de
personaxes), un DVD con vÃdeos (como entrevistas con Mark Hammil e Kevin
Conroy) e un código para a descarga do primeiro mapa de expansión do xogo.
AÃnda non está confirmado o prezo desta peza de coleccionista, pero poderÃa custar
uns 80 euros, o que resultarÃa bastante atractivo tanto para os afeccionados ao
Cabaleiro Escuro como a xente que xa teña pensado facerse cunha copia de Batman:
Arkham Asylum.
- A edición de coleccionista do xogo é realmente completa