A blogosfera celebra masivamente o Día dos Inocentes

venres, 28 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Como tódolos anos, o 28 de decembro a celebración do Día dos Santos Inocentes se celebra en España e algún país suramericano, pero onde está moi presente é nos medios de comunicación e na Internet, onde se aproveita o evento para gastar bromas ós lectores e espectadores con trolas simpáticas que nalgún caso chegan mesmo a enganar (o que incrementa o seu efecto).
Nos últimos anos os blogs son os medios máis activos nesta data, de xeito que dende a pasada madrugada veñen publicando informacións de moi dubidosa veracidade das que queremos facer un pequeno repaso:

- dende Microsiervos anuncian que Microsoft planea un xiro e 360º na súa estratexia sobre Windows Vista (que resulta moi revelador grazas ó clarexador «xiro de 360º»)

- en Menéame falan do peche do servizo por orde xudicial tras unha denuncia da SGAE polas críticas que dende alí se facía ó canon dixital (cunha referencia á «destrución dos moldes» da publicación en clara alusión á polémica de El Jueves)

- Ã“scar J. Baeza fala en Genbeta sobre a compra de Facebook e Twitter por parte de Google (que podería colar dada a profusión de argumentos e mesmo as críticas negativas sobre tal operación)

- Appleismo advirte dun novo virus para Mac OS X chamado yo soy tu padre, que colocaría no fondo do escritorio do equipo infectado unha imaxe de Steve Jobs decíndolle a Gates «Bill, yo soy tu padre» e tería efectos como impedir visitar webs distintas das de Microsoft

- A Asociación de Internautas emprega un orixinal broma para dificultar o peche da súa páxina (a fiestra do navegador móvese pola pantalla e pon atrancos ante os intentos de peche por parte do usuario)

- O Blog de Sé Lo Que Hicisteis lamentase de que Patricia Conde abandone LaSexta

- La Huella Digital informa en primicia de que Fidel Castro se abre á democracia

- Visualbeta anuncia que Google mercou o 52% de Microsoft

- O videoblog Telúrica publica unha edición especial no que cambia a súa liña editorial de xeito drástico, pero que remata cun simpático vídeo de Bin Laden imitando ó rapaz do Numa Numa Dance

PUBLICIDADE