A aplicación de realidade aumentada Ingress chega a iOS

martes, 15 de xullo do 2014 Marcus Fernández

O popular xogo móbil de realidade aumentada promovido por Google, Ingress, tras meses presente en Android, ve por fin a luz en iOS, de xeito que usuarios de iPhone e iPad poden xa gozar deste experiencia na que convídase ao usuario a empregar o mundo real como escenario, participando nunha competición global na que hai que elixir bando: os Iluminados ou a Resistencia.
O xogo consiste en descubrir fontes dunha enerxía misteriosa por todo o mundo, conseguir obxectos que axuden na busca, instalar elementos tecnolóxicos para ocupar territorios e establecer alianzas con outros xogadores para loitar pola causa, podendo verse toda esta acción na pantalla do noso dispositivo móbil, permanecendo invisible para o resto do mundo.
Ingress superou os 4 millóns de descargas en Android e celebrou eventos en 65 cidades distintas, e coa nova versión móbil ampliará a súa base de usuarios, compartindo todas as plataformas móbiles o mesmo universo persistente no que competir pola vitoria.


Vídeo promocional de Ingress

PUBLICIDADE