A aplicación de Gmail pode empregarse agora con contas de Yahoo e Outlook.com

mércores, 17 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O servizo de correo de Google ten moito éxito por numerosos motivos, que van dende o mero feito de que e o servizo suxerido pola meirande parte dos terminais con Android até o feito de que conta con ferramentas moi potentes para a organización das mensaxes, a localización de contidos e a protección contra o correo lixo, e por iso decidiron ir máis aló do sufixo @gmail.com e abrir completamente Gmail a enderezos de correo electrónico de Yahoo! e Hotmail/Outlook.com, que a partires de agora poden gmailizarse.
Deste xeito, se entramos na aplicación móbil de Gmail utilizando os nosos identificadores de Yahoo! Mail ou Hotmail/Outlook.com, poderemos ligar tal conta de correo con Gmail, para poder gozar da protección contra o spam, a organización da bandexa de entrada e incluso a tarxetas de Google Now baseadas no correo sen ter que abandonar o noso vello enderezo de correo electrónico (contando sempre coa opción de poder desligar a nosa conta da aplicación).

Vídeo de presentación de Gmailify

PUBLICIDADE