A aplicación Photoshop Touch estrea versión para móbiles

mércores, 27 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Para achegar funcionalidades de retoque fotográfico aos smartphones Adobe estrea hoxe na App Store e en Google Play por 4,49 euros a aplicación Photoshop Touch, que xa contaba cunha versión para tablets, pero que agora facilita que nas pequenas pantallas dos móbiles tamén sexa posible gozar das mesmas prestacións, o que supuxo unha adaptación da súa interface. Grazas á Creative Cloud de Adobe (servizo na nube que ofrece 2 Gb de almacenamento de balde) tamén é posible iniciar un proxecto no móbil, continualo no tablet e rematar de pulilo na aplicación de Photoshop de escritorio, mantendo o proxecto sincronizado en cada dispositivo na súa resolución completa e mantendo todas as capas.
Photoshop Touch inclúe capas, ferramentas de retoque, axustes e filtros para crear impresionantes imaxes; permite realizar axustes de ton e cor, aplicar efectos de pintura, inserir texto nas imaxes, aplicar sombras e fundidos, combinar imaxes... numerosas posibilidades para dar un toque profesional ás fotografías que poden ter unha resolución de ata 12 Mpíxeles.


As posibilidades de Photoshop Touch en vídeo

PUBLICIDADE