A actualización do firmware da PSP facilitará as buscas en Google

martes, 17 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O firmware 4.00 da PSP de Sony vai chegar en breve, e como principal novidade anuncian que integrará a busca en Google directamente na interface XrossMediaBar (XMB), facendo máis doada a experiencia de uso da web.
Hai que lembrar que a PSP pode navegar pola web valéndose da súa conectividade Wi-Fi, e incluso conta con varias webs optimizadas para o seu navegador (principalmente para a achega de trailers e outros contidos multimedia).
A nova actualización da PSP tamén permitirá cambiar a velocidade de reprodución de vídeos almacenados en tarxetas Memory Stick PRO Duo, de xeito que podemos acelerar para localizar un punto en concreto ou ralentizar a imaxe para apreciar algún detalle.

PUBLICIDADE