A Xbox 360 rebaixa o seu prezo en Europa

luns, 20 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O 24 de agosto será a data na que baixará de prezo a Xbox 360, así como tamén sairá a modelo Elite da consola. A versión básica da consola reducir o seu prezo 20 euros, pasando a valer 279,99 euros; mentres que a versión Premium baixa 50 euros custando 349,99 euros; e a nova versión Elite, cun disco duro de 120 Gb e porto HDMI custará 449,99 euros.
Agárdase que a baixada no prezo da Xbox 360 dea un maior pulo ás súas vendas, que parecen ter boa saúde despois de que Microsoft anunciase a ampliación especial da súa garantía a 3 anos.

PUBLICIDADE