A Xbox 360 adapta o seu Dashboard a Kinect

martes, 2 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Coa chegada do novo mes Microsoft comeza a distribuír oficialmente unha actualización do Dashboard da Xbox 360, no que sería a segunda renovación do sistema de menús da consola de videoxogos da compañía de Redmond, aínda que este lavado de cara é moito máis lixeiro que o anterior, estando provocado principalmente pola adaptación da Xbox 360 a Kinect, non só coma accesorio para xogos, senón tamén coma método de control para a navegación por menús e o control multimedia.
A nova interface do Dashboard é máis minimalista e áxil, conta con novos avatares (máis estilizados e personalizables), prepara o reprodutor de vídeo para Kinect, facilita a conexión á Rede da consola, mellora a calidade do chat de voz (grazas a un novo codec de audio), renova o teclado en pantalla e a creación de gamertags e outras melloras.

PUBLICIDADE