A Xbox 360 Elite venderase en Europa a finais de agosto

mércores, 11 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro 24 de agosto Microsoft lanzará no mercado europeo unha nova versión da Xbox 360 que conta cun disco duro de 120 Gb de capacidade e saídas de vídeo de alta definición a través dun conector dixital.
A Xbox 360 Elite presenta tamén unha carcasa de cor negra, de xeito que resulta especialmente rechamante en contraste coa clásica cor branca desta excelente consola que destaca por ter un prezo moi inferior ó da PS3 (incluso trala súa futura baixada de prezo) cunhas prestacións semellantes, que permiten explotar tamén o seu uso como Media Center de alta definición.

PUBLICIDADE