A Segunda Línea de Movistar poderase xestionar dende Facebook

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro mércores Movistar vai lanzar a segunda fase do seu servizo Segunda Línea, actualmente en probas (e de balde) e que ofrece aos usuarios de Movistar unha segunda liña telefónica virtual que poderemos empregar para realizar chamadas, remitir mensaxes de texto ou comunicar na Internet, sen dar a coñecer o noso número persoal e privado, e que agora poderá xestionarse directamente dende Facebook, para consultar a actividade desta segunda liña, configurar os desvíos de chamada dispoñibles, personalizar os saúdos da caixa de voz… e do 15 de xuño ao 15 de setembro, poder mandar ata 300 mensaxes de texto vía web de balde (que poderán conseguirse en función do uso que se faga deste servizo a través de Facebook).
Cómpre destacar que o servizo de Segunda Línea de Movistar non é unha prestación única da operadora, senón que calquera usuario de móbil en España pode aproveitar as súas funcionalidades recorrendo directamente ao provedor do servizo, fonYou, podendo incluso xestionarse de xeito doado en dispositivos de Apple a través unha aplicación de seu ou facendo uso da aplicación Phonecard Express en móbiles con Android.

PUBLICIDADE