A PSP permitirá o uso de Skype

mércores, 9 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Como se viña a rumorear nos últimos meses, a consola portátil de Sony incorporará en breve a posibilidade de utilizar a aplicación Skype, o que permite facer chamadas de VoIP entre usuario de tal servizo, chamadas a teléfonos (mercando crédito en SkypeOut) e xestionar os nosos contactos dende a PSP, para o que haberá que mercar un micrófono para a consola que se venderá no Xapón a 2.500 iens (uns 15,50 euros).
A nova característica da PSP precisará da actualización do firmware da consola, aínda que por desgraza non funcionará nas primeiras versións da PSP por contar só con 32 Mb de memoria interna, mentres que os modelos seguintes (Slim e Lite) contan con 64 Mb de memoria.

PUBLICIDADE