A PS4 estrea reprodutor multimedia con soporte de formatos populares

martes, 16 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Os usuarios de PlayStation 4 están a recibir hoxe unha importante actualización para a súa consola de videoxogos de cara ao seu uso como centro multimedia, xa que o Media Player de PS4 xa pode descargarse da PlayStation Store, o que abre a porta á reprodución de arquivos de música e vídeo dende un servidor multimedia doméstico ou un dispositivo de almacenamento USB, de xeito que tanto podemos escoitar a nova música favorita de fondo na PS4 como podemos acceder a numerosos vídeos que teñamos nos formatos máis populares na Internet.
A nova aplicación permite reproducir vídeos en MKV (con vídeo H.264/MPEG-4 AVC e audio MP3, AAC LC ou AC-3), AVI (con vídeo MPEG4 ASP, H.264/MPEG-4 AVC e audio MP3, AAC LC ou AC-3), MP4 (con vídeo H.264/MPEG-4 AVC e audio AAC LC ou AC-3) e MPEG-2 TS (con vídeo H.264/MPEG-4 AVC ou MPEG2 Visual, audio MP2, AAC LC ou AC-3 e incluso co formato AVCHD; tamén amosa imaxes en JPEG, BMP e PNG; e reproduce música en MP3 e AAC (M4A).
Esta nova ferramenta resulta de grande utilidade para os que queren aproveitar a súa consola de videoxogos doméstica como reprodutor de contido multimedia no salón.

PUBLICIDADE