A PS3 será compatible con Blu-ray 3D a partir de setembro

luns, 12 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A última actualización da PlayStation 3 incorporou só parcialmente o soporte de 3D, de xeito que de conectarse a consola de videoxogos a un televisor con capacidades estereoscópicas, poderían xa gozarse dos xogos adaptados para tal tecnoloxía (inicialmente só 4 títulos) mentres que o cine en 3D quedaría adiado. Agora, Mick Hocking, director senior de Sony Europa asegura que a actualización que dotará á PS3 de compatibilidade coas películas en Blu-ray 3D chegará en setembro e que, no futuro, agarda a incorporación da compatibilidade con fotografías 3D (en formato .mpo), emisións televisivas 3D captadas a través de PlayTV e incluso os vídeos estereoscópicos publicados en YouTube.
O resto de consolas domésticas están a retrasar a súa aposta polas 3D ante a reducida penetración dos televisores compatibles, pero Sony quere coller a dianteira por motivos tan evidentes como que o fabricante nipón tamén comercializa televisores 3D.

PUBLICIDADE