A PS3 e a Xbox 360 actualizan o seu software de sistema

xoves, 16 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

As consolas de videoxogos domésticas de alta definición parecen terse coordinado para actualizar o seu software de sistema no mesmo día, e así, hoxe temos como a PlayStation 3 estrea a versión 4.11, que mellora certos aspectos do sistema sen detallar, e a Xbox 360 tamén está a contar cunha nova actualización distribuída a través de Xbox LIVE, que pretende mellorar o rendemento da consola e, especialmente, corrixe un problema coa cor que detectaran moitos usuarios, polo que a actualización notarase a simple vista.
Coa anterior versión do Dashboard da Xbox 360 os niveis de negro non aparecían ben, e as cores aparecían diluídas durante a reprodución de vídeo. As melloras que chegan agora á interface de usuario da consola de Microsoft iranse espallando ás aplicacións de terceiros nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE