A PS3 de 80 Gb chegará a Europa a finais de agosto

xoves, 17 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os europeos que queiran facerse cunha PlayStation 3 nos vindeiros meses poderán aledarse ao saber que Sony confirmou que o modelo con 80 Gb de disco da PS3 chegará a toda Europa o vindeiro 27 de agosto, substituíndo ao modelo de 40 Gb e conservando o prezo (399,99 euros).
Segundo parece, a operación será unha substitución de produto, de xeito que a PS3 con 40 Gb de disco desaparecerá do mercado, de xeito que non se poderá adquirir a un prezo reducido (o que agradecerían moitos consumidores).
Tamén se agarda que entre setembro de decembro aparezan distintos paquetes con xogos nos que se inclúa o novo modelo de consola.

PUBLICIDADE