A PS3 contará con 2 novos packs en Europa

venres, 29 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os novos paquetes de PSP e PS3 nos EE.UU. non quedarán sos, e en Europa se anuncian 2 novos paquetes da PlayStation 3. Para comezar, o 19 de marzo comezará a venderse unha consola PS3 cun disco duro de 40 Gb, un mando SIXAXIS e 3 películas Blu-ray (Casino Royale, Spider-Man 3 e 300); e o 28 de marzo aparecerá un paquete no que as películas se substitúen polo xogo Gran Turismo 5 Prologue, vendéndose ambos packs por 399 euros.
Os compradores da consola de alta definición de Sony poderán así elixir se prefiren orientar o seu uso inicial ós xogos ou ó cine.

A edición da PS3 co xogo Gran Turismo 5 Prologue

PUBLICIDADE