A Nintendo Switch supera os 10 millóns de unidades
martes, 12 de decembro do 2017
Nintendo
vén de facer públicas as vendas da Nintendo Switch, consola que entre o seu
lanzamento o pasado 3 de marzo e o pasado dÃa 10 terÃa
superado os 10 millóns de unidades vendidas, o que é un éxito rotundo,
especialmente se temos en conta que aÃnda non chegou o Nadal, cando é previsible
que a nova máquina sexa a máis vendida, grazas en boa medida ao pulo de Super Mario Odyssey (o xogo de tempada)
e de The Legend of Zelda: Breath of the
Wild (tÃtulo que está a gañar numerosos recoñecementos como xogo do ano).
Con estes datos, e as previsións de vendas, temos que non só a Nintendo Switch
teña unhas vendas moi superiores á consola predecesora (a malograda Wii U)
senón que incluso poderÃa superar ás vendas da Wii no seu primeiro ano. Nintendo
confÃa en rematar o ano fiscal (en marzo de 2018) con 14 millóns de unidades de
Nintendo Switch vendidas, o que serÃa impresionante se temos en conta que nos seus
5 anos de vida da Wii U vendéronse 13,6 millóns de unidades.