AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Xa á venda a Nintendo DSi XL

venres 5 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Hoxe chega ás tendas españolas a agardada consola de videoxogos Nintendo DSi XL, que presenta unhas pantallas un 93% maiores que as da Nintendo DSi Lite, mellorando a experiencia de xogos para moitos títulos, á vez que tamén mellora o seu ángulo de visión e conta cun lapis de maior tamaño (moi semellante a un bolígrafo, en vez de coa tradicional aparencia de punteiro de PDA).
Esta revisión da Nintendo DSi chegou ao Xapón en novembro, e agora témola en Europa a un prezo de 179,95 euros (só 10 euros máis cara que a consola portátil de tamaño normal). Convivirá nas tendas coa DSi e a DS Lite, de xeito que os consumidores teremos unha oferta maior na que elixir á hora de facernos cunha consola portátil de Nintendo, agardándose especialmente que a Nintendo DSi XL sexa a elixida por persoas maiores ou para usuarios máis domésticos, pois aínda que o incremento de pantallas de 3,25 a 4,2 polgadas agradézase para a vista, o volume exterior e o peso tamén medran, perdendo portabilidade e chegando a ser a consola de videoxogos máis grande do mercado (superando incluso á primeira PSP).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS