A Nintendo DSi terá un modelo con pantallas de 4,2 polgadas
xoves 29 de outubro do 2009, por |
Tras rumores nin confirmados
nin desmentidos por Nintendo, finalmente dan a coñecer no Xapón a consola
portátil Nintendo DSi
LL, que sería unha versión da DSi que incrementa a súa
pantalla de 3,25 a 4,2 polgadas e que chegará ao mercado nipón o 21 de
novembro a 20.000 iens (149,4 euros) mentres que en Europa deberemos agardar ao
primeiro trimestre para vela nas tendas a
un prezo superior ao da actual DSi e baixo o nome de Nintendo DSi XL.
Pero o cambio na pantalla ten moitas consecuencias, coma un incremento considerable
nas dimensións da consola (de 137 x 74,9 x 18,9 mm a 161 x 94,4 x 21,2 mm) e no
seu peso (en 100 gramos), converténdose na consola desta xeración máis pesada
(ten o dobre de peso que unha PSPgo) e voluminosa (superando incluso á primera PSP).
A stylus tamén cambia de tamaño, para tomar unha aparencia semellante á dun
bolígrafo, e coma vantaxe podemos comentar que o incremento de tamaño tamén
permitiu mellorar a batería, de xeito que, aínda que continúa a ter unha
autonomía menor que unha DS Lite, pasa das 3-14 horas da DSi a 4-17 horas de
duración.
A nova consola incluirá 3 xogos de DSiWare preinstalados (2 tipo Brain Training e o DS Easy Dictionary).

- O deseño da nova DSi conserva a mesma liña das súas predecesoras
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















