A Nintendo 3DS sairá de xira por toda España
xoves, 3 de febreiro do 2011
A Nintendo 3DS destaca
especialmente por contar cunha pantalla autoestereoscópica, ou sexa, que pode
amosar imaxes en 3D sen empregar lentes para iso, polo que a súa campaña
promocional vai ser todo un reto, xa que a súa experiencia de uso non pode
transmitirse de xeito doado a través de canles tradicionais, o que vai levar a
Nintendo a realizar unha intensa campaña presencial para dar a coñecer o novo
dispositivo.
Ante a expectación do público pola consola que chegará ao mercado o 25 de
marzo, Nintendo vai
comezar o vindeiro domingo unha xira estatal para que os usuarios que se inscriban nunha páxina web creada a
tal efecto poidan probar en primeira persoa a Nintendo 3DS e os seus xogos Super Street Fighter IV, Pro Evolution Soccer 2011 3D, Nintendogs + Cats 3D, Steel Diver, Resident Evil e Kid Icarus:
Uprising, asà coma coñecer a cámara 3D, Face
Raiders, Nintendo 3DS Sound, Mii Maker… e a sorprendente realidade
aumentada que permitirá a nova consola portátil.
A xira Prueba y verás visitará en
febreiro as cidades de Madrid, Córdoba, Oviedo, Murcia, Valladolid, Sevilla e Málaga,
mentres que a primeiros de marzo espérase que se achegue a Galicia
(concretamente á cidade de A Coruña) e a Portugal (ás cidades de Lisboa e
Porto).
- O calendario da xira da Nintendo 3DS para febreiro xa está pechado