A LaconNetwork de setembro celebrarase en Oleiros

mércores, 23 de setembro do 2015 Marcus Fernández

O encontro de emprendedores tecnolóxicos galegos coñecido como LaconNetwork, non cesou a súa celebración o último venres de cada mes durante o verán, elixindo enclaves especialmente atractivos para a época, e agora retoma o curso cunha localización máis forma, e o vindeiro venres celebrarase o encontro gastronómico dos albaneis da nube na Escola de Finanzas de Oleiros, sita na rúa Salvador de Madariaga, 50.
Os interesados en acudir a este evento que botará a andar ás 14:00 horas deberán inscribirse no correspondente formulario en liña e aboar 20 euros para sufragar o xantar que serve de eixe da sesión de networking de profesionais do sector TIC galego.

PUBLICIDADE