A LaconNetwork de marzo celebrarase mañá en Ordes

xoves, 31 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Dada a disposición do calendario, a edición de marzo da LaconNetwork celebrarase mañá, 1 de abril, sendo a localización escollida a vila de Ordes, concretamente no Casal Dezaoito, onde se xuntarán emprendedores e profesionais do sector TIC galego para compartir un xantar coa súa correspondente sesión de networking.
Esta edición da LaconNetwork ten a como anfitrión a Adrián Sánchez, fundador de Lupeon 3D, proxecto que ofrece solucións baseadas na impresión 3D, e os asistentes poderán degustar rolo de salmón afumado con verduras e arroz, mexillóns á galega, saquiños de xamón con crema de queixo e salsa de pera, tosta de polbo con queixo de Arzúa, croca de tenreira á grella con patacas chips e unha sobremesa de escuma de chocolate branco con amorodo, para o que será preciso aboar 20 euros no momento de inscribirse ao evento, para así poder sufragar o xantar.

PUBLICIDADE