A Internet Society celebra o 17 de maio retransmitindo pola Rede un relatorio de José Luis Pardos

luns, 14 de maio do 2007 Fernando Sarasketa

A Internet Society é unha comunidade internacional con ampla representación en España dedicada principalmente a tirar abaixo as barreiras que se interpoñen entre determinados colectivos e as redes da información. Con motivo do Día do Internet (este 17 de maio), os membros españoles do colectivo organizan un ciclo de relatorios en liña que contará coa presenza de José Luis Pardos, “exemplo salientable de usuario avezado e avanzado”, en palabras da asociación, “que non só superou as barreiras personais que se lle poden atribuír pola súa idade, senón que tamén ten destacado por empregar a Rede de xeito eficaz na súa actividade profesional”. Pardos, que hoxe en día promove unha fundación (Los Álamos) dedicada a fomentar a educación e a cultura sostibles e de progreso, poderá ser escoitado en directo este xoves ás 18 horas a través da Rede.
A ISOC habilitará un chat para que os asistentes poidan facerlle preguntas ó relator. A sala de presentacións do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) será un destes espazos de conexión directa coa coferencia.

PUBLICIDADE