A Industriosa celebra obradoiros para familiarizar á xuventude coa robótica e as súas posibilidades

mércores, 14 de febreiro do 2024 S. P.

Os vindeiros luns de febreiro a abril, A Industriosa, o centro de cultura maker e colaborativa de Vigo, celebrará un ciclo de obradoiros de robótica orientados a xuventude. Trátase dunha actividade destinada a alumnado de ESO/Bacharelato, entre 12 e 16 anos, cuxo propósito é utilizar este tipo de tecnoloxías para familiarizar á mocidade na programación, no pensamento computacional e na robótica educativa.
O obxectivo do ciclo é preparar un equipo para participar na 7ª edición da Competición de Robots da EEI que se celebrará o 19 de abril na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. A actividade, como dixemos, será os vindeiros luns, do 19 de febreiro ao 15 de abril, de 17:00 a 18:30 no local da Industriosa.
A participación é de balde e a información para a inscrición está xa dispoñíbel na web da Industriosa. Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).

PUBLICIDADE