A IA de Google unifícase baixo a marca Gemini

venres, 9 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Nos últimos días Google anunciou que Bard, o seu chat baseado en intelixencia artificial para competir con ChatGPT, pasaba a funcionar en todo o mundo coa tecnoloxía de Gemini, e para clarexar a situación decidiron finalmente efectuar un cambio de marca, de xeito que deixan Bard atrás e o chat pasa a coñecerse directamente como Gemini.
A cousa non queda só aí, senón que Gemini tamén estrea aplicación móbil (polo momento só dispoñible en inglés en EE.UU.) e tamén lanzan Gemini Advanced, unha versión de pagamento desta tecnoloxía que achega o modelo Ultra 1.0 ao grande público e está integrado nas aplicacións web de Google, ou sexa, que segue os pasos do Copilot Pro de Microsoft, pero incluíndo desta volta tamén 2 TB de almacenamento e outros beneficios da subscrición a Google One por 21,99 euros/mes. Unha opción interesante para quen teña integrados os servizos de Google nas súas mecánicas de traballo, aínda que polo momento o servizo só estea dispoñible en inglés.

PUBLICIDADE